Nov 07, 2025
A Escola Atlética Lucense proclamouse vencedora na clasificación por clubs do Cross Ponte Romana de Lugo 2025, sumando un total de 64 puntos, froito da ampla participación dos seus atletas en todas as categorías federadas e equipos de relevos mixtos.
En segundo lugar situouse a Sociedade Atlética Vila de Vigo, con 36 puntos, destacando polo seu esforzo e desprazamento dende fóra da capital lucense, o que lle outorgou puntos adicionais pola distancia percorrida. O Lucus Caixa Rural Galega completou o podio, cun total de 32 puntos, consolidando a súa presenza entre os clubs máis activos da provincia.
Os premios á participación foron os seguintes:
? 1º club: 600 € en metálico ou vale de material deportivo
? 2º club: 300 €
? 3º club: 150 €
A clasificación por clubs ten en conta exclusivamente as categorías federadas, valorando tanto a participación individual coma a presenza de equipos de relevos mixtos nas categorías SUB10, SUB12, SUB14, SUB16 e absoluta, así como a distancia xeográfica dos clubs participantes.