O Cross Ponte Romana súmase ao calendario ANOC

Nov 02, 2017

O próximo 14 de xaneiro disputarase a segunda edición do Cross Ponte Romana de Lugo que organiza a empresa Champion Chip Norte. Nela renderase homenaxe á gran atleta galega María Abel, que foi campioa de España de cross os anos 2000 e 2002 e campioa nacional de media maratón en 2001. Foi internacional en 28 ocasións e estivo presente nos Xogos Olímpicos de Sidney e Atenas.

Ademais na súa páxina web publicaron xa os horarios e distancias, adecuados ás novas nomenclaturas. Esta nova edición será a primeira integrada no circuíto ANOC, que, para a súa admisión, puxo como condición que para a tempada 2018-2019 atopen unha data que non coincida con ningún outro dos crosses da asociación. Este ano coincidirá con Elgoibar.

Ver a nova completa en: http://anoc.es/noticias/el-nuevo-cross-de-lugo-se-suma-tambien-a-la-anoc