MARIANO CASTIÑEIRA SERÁ EL HOMENAJEADO EN LA 5ª EDICIÓN

Oct 27, 2021

O 16 de Xaneiro de 2022 é a data elixida para a celebración da 5ª edición do Cross Nacional Ponte Romana que, xunto con toda a familia do atletismo lucense e galego, homenaxeará a Mariano Castiñeira Vilaseca (1946-2020).

Mariano, médico traumatólogo de profesión, e máis atleta e adestrador por afección, era desas persoas que respiraban atletismo por cada poro da súa pel que despendría cunha paixón e sabiduría envexables alí por onde o escoitases. Vinculado hai moito tempo ao seu clube da alma o Atletismo Lucus Caixa Rural (foi un dos seus fundadores) non parou de pulir e sacar talentos atléticos como Alberto Álvarez Flores, Alessandra Aguilar, Adrián Ben, Miguel González Carballada, Carlos Villamor, Riucardo Castaño, Eldo Aguilar, María Abel o Tito Margaride, etc

O atletismo nacional, e o galego e lucense en particular, terán a oportunidade de rendirlle unha homenaxe a súa memoria no CROSS NACIONAL PONTE ROMANA que pretende ser o Cross de todos os lucenses... atletas, clubes, adestradores ou afeccionados, de todos aqueles que senten este deporte do mesmo xeito que Mariano o facía.

Dende a organización queremos agradecer á súa familia e ao se clube que nos dean a oportunidade facer este humilde acto no seu recordo. Mariano sempre na nosa memoria!!